Proba1
Imos facer cine ...
Como?
Manexaremos personaxes, textos, enfoques de cámara, etc. coa aplicación web Xtranormal. Pasos a seguir:
•Rexistrámonos e imos despois ao correo para tomar a clave que nos asignan. Entramos co nome de usuario e esa clave. Máis adiante poderá cambiarse desde Your Account > About You.
•Desde Make Movies, escollemos dous personaxes (pois é un diálogo). Unha vez no editor, en Design the scene eliximos un fondo, un son ou unha música, os personaxes concretos e mais a lingua para cada un (ou portugués ou español, galego non o ofrece; mais podemos escribir en galego, aínda que a pronuncia non sairá moi axustada). Prememos en Apply.
•Agora, no cadro superior, baixo Write the scrip, escribimos a primeira intervención do primeiro personaxe. Ollo: debemos coidar especialmente a acentuación e puntuación, pois doutro xeito non se entenderá ben.
•Sobre o texto situamos (arrastrando) os elementos da esquerda, cando menos a cámara, a animación de movemento e a expresión facial (da cara). Ao colocalos no texto, á altura na que queiramos, ábresennos opcións e clicamos na máis adecuada.
•Unha vez rematada a esceniña, prememos en Action e agardamos. Cando remate de cargar, comprobamos como quedou dándolle ao play do vídeo. Se hai que cambiar algo, farémolo. Se non, co signo + do texto creamos outra parte e escollemos o outro personaxe. E así sucesivamente.
Publicación
Ao final de todo, publicamos desde It’s a wrap! cubrindo as entradas que nos piden (título…). Teremos que agardar un tempo ata que se poidan ver os resultados. Para iso, clicamos na nosa conta (sobre o noso nome de usuario). E rematamos publicando no noso blogue, para o cal abriremos a animación (desde o título) e aí tomaremos o Embed codes, que pegaremos na opción HTML do editor do blogue.