A publicidade é unha forma de comunicación que se utiliza para transmitir información sobre produtos, servizos, empresas, ideas ou institucións. Para que poidamos falar de publicidade, esta información hase transmitir a través dos medios de comunicación de masas, isto é, canles polas que se achega, non a un individuo ou grupo de individuos, senón a un público masivo previamente delimitado.
A publicidade é unha forma de comunicación pagada e controlada, que ten como obxectivos informar o consumidor, crear novas actitudes, incitar ao consumo dun produto ou modificar hábitos da poboación.
A publicidade informa (da existencia no mercado dun novo modelo de automóbil), persuade (inflúe para que merquemos o novo automóbil) e lembra (que existe un automóbil que podemos mercar).
[...]
A publicidade envía normalmente mensaxes positivas. Fálanos das bondades dun produto ou servizo, ou da calidade dunha determinada marca. Pódese utilizar con mercancías individuais e tanxibles, coma un coche, unha bebida refrescante ou un deterxente para lavadoras; e pódese utilizar tamén con produtos non tanxibles, coma as empresas de servizos (bancos, restaurantes), compañías e institucións (IBM, Cruz Vermella) ou ideas (políticas, relixiosas).
Na publicidade, mestúranse a ciencia, a técnica e mais a arte. A ciencia, porque o deseño dunha campaña publicitaria esixe traballos previos de investigación, por exemplo sobre as persoas ás que vai dirixida.
A técnica, porque para a realización dos anuncios se precisan medios técnicos que utilizan os especialista (fotocomposición, deseño por ordenador, montaxe audivisual, etc.). E a arte, porque toda campaña de publicidade ten unha parte de creación artística.
Helena Goyanes: ¿Que é a publiciade? Edicións Lea
a) idea principal de cada parágrafo.
b) dúas das ideas secundarias que aparecen en cada parágrafo.